Presentación CampañaEste edificio quéntase con biomasa

Presentación rexional da campaña e entrega de distintivos aos primeiros edificios acreditados.

Como foi a presentación

O Clúster da Biomasa de Galicia e o INEGA presentaron o 17 de novembro en Santiago a campaña «Este edificio quéntase con biomasa», que identifica e acredita os edificios galegos que xa se quentan con esta enerxía renovable. A xornada, celebrada no LUX Events Center, reuniu a máis de 50 persoas da empresa e do sector público galego.

A mañá comezou coa presentación da campaña e coas voces de quen xa aposta pola biomasa, e seguiu cunha mesa redonda sobre as modalidades de uso da biomasa no territorio galego, con catro voces do sector e a moderación de Alejandro R. Mínguez González.

A xornada pechou coa entrega de distintivos aos primeiros edificios acreditados, a clausura e un viño galego para seguir compartindo experiencias.

Programa

  1. 10:30 – 10:50Acreditacións e café de benvida
  2. 10:50 – 11:15Apertura
  3. 11:15 – 11:45Presentación Campaña
  4. 11:45 – 12:30Mesa redondaModalidades de uso da Biomasa no territorio galegoConsellería de Educación - Xunta de GaliciaFernando Blanco SilvaS.A. de Xestión do Plan XacobeoFrancisco Singul LorenzoCEAMSAJuan Mogin del PozoCorporación de Servizos Audiovisuais de GaliciaManuel CasásAlejandro R. Mínguez GonzálezXornalista e divulgador micolóxicoModera
  5. 12:30 – 13:15Entrega de distintivos
  6. 13:15 – 13:30Clausura
  7. 13:30Viño galego

Participantes confirmados

  • INEGA · Instituto Enerxético de Galicia
  • CEAMSA
  • Xacobeo 2027
  • CRTVG · Corporación Radio e Televisión de Galicia
  • Clúster da Biomasa de Galicia
Distintivo da campaña

A campaña

En Galicia hai edificios que xa se quentan con biomasa e quen pasa por diante non o sabe. A campaña identifícaos cun distintivo na fachada e unha ficha pública con onde están, que instalación teñen e que combustible usan.

  1. 1.

    Identificación

    O edificio envía a súa ficha ao Clúster.

  2. 2.

    Distintivo

    Recibe un distintivo para a fachada.

  3. 3.

    Ficha

    O caso queda publicado e aberto a todos.

Coñece a Campaña e adhírete

Organiza o Clúster da Biomasa de Galicia co apoio do Instituto Enerxético de Galicia

  • Instituto Enerxético de Galicia
  • Xacobeo 2027
  • Clúster da Biomasa de Galicia