
Presentación CampañaEste edificio quéntase con biomasa
Presentación rexional da campaña e entrega de distintivos aos primeiros edificios acreditados.
Sobre a presentación
O Clúster da Biomasa de Galicia e o INEGA presentan en Santiago a campaña «Este edificio quéntase con biomasa», que identifica e acredita os edificios galegos que xa se quentan con esta enerxía renovable.
Unha mañá para coñecer casos reais, escoitar a quen xa aposta pola biomasa e debater sobre o seu papel como combustible sostible, de proximidade e de alto valor.
Programa
- 10:30 – 10:50Acreditacións e café de benvida
- 10:50 – 11:15Apertura
- 11:15 – 11:45Presentación Campaña
- 11:45 – 12:30Mesa redonda
- 12:30 – 13:15Entrega de distintivos
- 13:15 – 13:30Clausura
- 13:30Viño galego
Participantes confirmados
Presentación Campaña
Inscríbete na presentación
A asistencia é gratuíta, con inscrición previa. Recibirás a confirmación por correo electrónico.
Aforo limitado
- Data
- 17 de novembro de 2026
- Lugar
- LUX Events CenterSantiago de Compostela

A campaña
En Galicia hai edificios que xa se quentan con biomasa e quen pasa por diante non o sabe. A campaña identifícaos cun distintivo na fachada e unha ficha pública con onde están, que instalación teñen e que combustible usan.
- 1.
Identificación
O edificio envía a súa ficha ao Clúster.
- 2.
Distintivo
Recibe un distintivo para a fachada.
- 3.
Ficha
O caso queda publicado e aberto a todos.
Lugar
LUX Events Center
Rúa do País Vasco, 7 · 15707 Santiago de Compostela · Martes, 17 de novembro de 2026 · 10:30 – 13:30
Organiza o Clúster da Biomasa de Galicia co apoio do Instituto Enerxético de Galicia





